Blogia
vgomez

DESMONTANDO OS MITOS MÁIS PERSISTENTES SOBRE ANIMAIS (V)

Continúo coa serie adicada algúns dos mitos máis persistentes sobre animais e enfrontámolos coa evidencia científica. Porque entender o mundo animal tamén implica desaprender o que criamos saber.

Mito 5: Os dóberman tolean porque o cerebro non lles cabe no cranio

Este mito baséase en que os dóberman son unha raza pouco menos que de laboratorio (en realidade, débense aos traballos de cruzamento do alemán Karl Louis Dobermann, a finais do século XIX), concibida para obter como resultado un can de ataque. Un efecto colateral dese proceso é que o seu cerebro é demasiado grande para a cavidade cranial, o que fai que perdan a cabeza e ataquen aos seus amos.

O desmentido é moi sinxelo: non existe un só caso, na historia da crianza canina, nin de ningún outro animal, no que o cerebro medrase ata exceder a capacidade do cranio. Os cerebros dos dóberman teñen un desenvolvemento absolutamente normal, pero mesmo se o rumor fose certo, iso non tería as mesmas consecuencias de comportamento para cada exemplar.

O bulo xurdiu como xustificación da agresividade que popularmente se atribúe a esta raza, cuxo orixe radica en exemplares maleducados e maltratados polos seus donos.

Continuará!

FONTE: Vicente Fernández de Bobadilla/muyinteresante.com   Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios