Blogia
vgomez

ESTA NOITE HABERÁ UNHA ECLIPSE LUNAR PARCIAL

Formación dunha eclipse de Lúa / Imaxe: astroaficion.com

Hoxe, 16 de xullo poderemos observar no como a sombra da Terra proxéctase sobre a Lúa. Trátase do evento astronómico do verán e prodúcese por que o satélite atravesará a zona de umbra e penumbra da sombra que proxecta a Terra, ocultando case un 70% da superficie lunar. O proceso en Galicia comezará ás 21:01 horas e finalizará ás 01:09 horas de mañá, 17 de xullo. O máximo de escurecemento terá lugar ás 23:30.

Tamén será posible apreciar como a parte ensombrecida adquire uns tons avermellados e marróns, algo común durante as eclipses lunares. A atmosfera da Terra deixa pasar os raios solares, que se refractan. As partículas atmosféricas, como os aerosois, dispersan con maior facilidade as cores violetas, azuis e verdes e deixan visibles os tons vermellos, laranxas e amarelos.

Un espectáculo!

0 comentarios