Blogia
vgomez

O VOLCÁN MÁIS PERIGOSO DO MUNDO

Volcán de Iwo Jima (Japón)

O noso planeta ten preto de 2.000 volcáns, tanto activos como inactivos, repartidos por toda a Terra. Os países que maior concentración presentan son Chile, Estados Unidos, Xapón e Indonesia.

A pesar dos avances científicos e tecnolóxicos, os volcáns seguen sendo todo un misterio para os humanos. Por sorte, hoxe en día cóntase con materiais capaces de predicir unha catástrofe e salvar así miles de vidas. A ameaza  volcánica actual non é extrema, pero aínda así non estamos totalmente a salvo. Conviven connosco inmersos nun soño profundo, pero se espertan, as súas consecuencias poderían ser catastróficas.

 Un equipo de investigadores da Universidade de Manchester (Reino Unido) publicou a lista dos volcáns máis perigosos do noso planeta. Segundo esta lista, o primeiro posto é para o volcán de  Iwo  Jima en Xapón, onde a illa Iwo Tō (antes denominada Iwo Jima) foi empurrada ata 17 metros sobre a superficie do océano debido á cámara de  magma que medra na zona inferior.

Situación Iwo Jima / Imaxe: wikiwand.com

Segundo os expertos, a  erupción do volcán de  Iwo  Jima provocará un  tsunami duns 25 metros de altura e afectaría o sur de Xapón e parte de China, incluídas as cidades de Xangai e Hong Kong.

Na citada lista, o segundo posto sería para o volcán de Chiltepe/Apoyeque (Nicaragua) e no terceiro lugar o volcán de campos Flégreos (Italia).

FONTE: Sarah Romero e María Moya/muyinteresante.es

0 comentarios