Blogia
vgomez

PROBLEMA: CRUZAR UN RÍO POR UNHA PONTE

Sólo hay una forma de cruzar el puente en 15 minutos

Ponte sobre río / Imaxe: littlehenrabi/Getty/lavanguardia.com

Propóñoche o seguinte problema: CRUZAR UN RÍO POR UNHA PONTE

Nunha noite escura hai cinco homes deste lado do río. Os cinco deben cruzalo a través dunha ponte que como máximo pode soster a dous homes ao mesmo tempo. Teñen unha soa lanterna. Isto obriga a que se dous homes cruzan ao mesmo tempo, deban facelo xuntos, á velocidade do máis lento. Tamén obriga a que algún deles volva para levarlles a lanterna aos que quedaron. Cada un tarda un tempo diferente en cruzar: Xenio, veloz como o pensamento, tarda 1 minuto. Pablo, rápido como o seu automóbil, tarda 2 minutos. Gustavo,  entumecido polos fríos do Polo Norte, tarda 3 minutos. Anxo, que insiste en levar unha caixa de cervexa, tarda 4 minutos. Daniel,  tullido dunha perna, tarda 5 minutos.

Como realizarán os cruces, dun a outro lado do río, para tardar o mínimo tempo posible en cruzalo todos? Calcular tamén o tempo mínimo para o caso de n persoas.

FONTE: zientzia-astea.org/es

0 comentarios