ENIGMAS MATEMÁTICOS DE MARTIN GARDNER (III)
Aquí tes a solución ao enigma do último día. Tratábase de que movendo unicamente dous escarvadentes, conseguir que a guinda quedase fóra da copa. Era lícito que a copa cambiase a súa orientación, pero debía ser congruente coa orixinal, é dicir, que a figura resultante poidera obterse a partir dunha rotación, simetría, translación, ou ambos, respecto da orixinal.
Agora outro enigma do lendario erudito Martin Gardner (1914-2010), do que estamos a celebrar o se aniversario de nacemento, e que se fixo famoso pola súa columna mensual "Xogos matemáticos", publicada na revista de divulgación científica Scientific American.
Unha curva pechada simple que é moi sinuosa está escondida baixo un pedazo de papel cun oco cadrado, de maneira que unha parte da curva é visible, como se ve na ilustración. Se che digo que a rexión A está dentro da curva, entón a rexión B, está dentro ou fóra?
Mañá a solución e un novo enigma!
FONTE: Fernando Blasco/abc.es/ciencia e Dalia Ventura/bbc.com/ mundo
0 comentarios