Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CLXXIII

VERTICAIS: 2. Tarifa que se paga polos dereitos de importación nunha aduana ou pola utilización de certos servizos 3. Peixe da familia dos aterínidos duns dezaseis centímetros de lonxitude, cor verdosa con pintas negras no dorso e abrancazada no ventre, que vive preto da costa formando cardumes e de nome científico Atherina presbyter 4. Local situado no baixo dunha casa ou nunha pequena bodega onde se vende o viño excedente da colleita e no que tamén se serve comida ou a levan os clientes 5. Concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Bergantiños, no que se conservan restos de asentamentos humanos máis antigos  do período megalítico, como o túmulo do Cruceiro (Lendo) ou mámoa de Fofelle e 19 poboados castrexos como o castro de San Román 7. Río da vertente cantábrica que discorre enteiramente dentro da comunidade autónoma de Cantabria, que nace na zona coñecida como Os Villares en Castro Valnera, a 1280 m s. n. m., e desemboca no mar Cantábrico a través da ría de Cubas 8. Doce para a sobremesa que se fai con ovos, leite ou auga e fariña todo mesturado formando un amoado que se frite, e ao que se lle pode engadir logo azucre, mel etc.

HORIZONTAIS: 1. Acrónimo de National Association of Securities Dealers Automated Quotation e é a segunda bolsa de valores electrónica automatizada máis grande de Estados Unidos 6. Planta herbácea da familia das plumbaxináceas, de cepa curta e moi ramificada e flores rosáceas, que medra en marismas e zonas salobres e máis raramente en penedías, sendo o seu nome científico Armeria maritima 9. Elemento químico metálico de transición, de cor branca brillante, dúctil e maleable, que se extrae principalmente do circonio e de símbolo é Hf 10. Montaña máis elevada dos Pireneos, cunha altitude de 3.404 m s. n. m., a segunda da Península Ibérica e a terceira de España.

0 comentarios