Blogia
vgomez

PROBLEMAS ILUSTRADOS III

Onte propúxenvos, por segunda vez, un problema aritmético no que deberiades de empregar o menor número de pasos posible, facendo un debuxo que axudase a entender o problema coa solución.

Este era o problema 2:  Sofía colle o tren sendo de día, viaxa durante 5 horas e chega ao seu destino ás 11 h. Fernando subiuse ao tren ao mesmo tempo que Sofía e a súa viaxe durou 2 horas menos. A que hora chegou Fernando ao seu destino?

Esta é a solución!

Poposta para hoxe: Un desafío de altos voos!

3. Sara quere ir de Madrid a Tokio. Para iso, voa primeiro a Nova York onde colle un avión ata Londres e, desde aquí, outro a Tokio.

Pablo tamén quere ir desde Madrid a Tokio pero, no seu caso, voa directamente de Madrid a Londres e, desde alí, toma un voo a Tokio.

Se, en total, Sara está a voar durante 27 horas e 15 minutos e Pablo 14 horas e 30 minutos, e tendo en conta que o voo de Nova York a Londres dura 4 horas e 45 minutos máis que o de Madrid a Londres, e que o voo de Londres a Tokio dura 12 horas, canto dura o voo de Madrid a Nova York?

E se, en cada escala, tanto Sara como Pablo só perden unha hora, cal é a hora local cando chegue a Tokio cada un se ambos partiron de Madrid ás 14:00 h?

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com

0 comentarios