Blogia
vgomez

OS 10 PAÍSES MÁIS PEQUENOS DO MUNDO (VI)

Continúo coa serie 10 países que son os máis diminutos do globo, que todos eles teñen ás súas costas unha historia curiosa que lles fixo perdurar no tempo e algúns ocupan os primeiros postos na listaxe dos países máis turísticos, sendo o seu tamaño, precisamente, un dos seus encantos. Hoxé tócalle a...

6. San Marino

Atópase situado nos Apeninos, encravado no interior de Italia, e sen saída ao mar.

Superficie: 61,19 km2     Poboación: 33.785 (2018)

Capital: San Marino        Cidade máis poboada: Serravalle   

Idioma oficial: Italiano

Forma de goberno: República Parlamentaria

Moeda: € (Euro)

Encaixonado entre as rexións italianas de Emilia-Romaña e As Marcas, nunha zona accidentada a unha ducia de quilómetros da costa do Adriático, a súa mera existencia entraña unha especie de enigma. Este micro-Estado ofrece vistas espectaculares desde o alto do monte Titano (750 metros). Presume de ser a república máis antiga de Europa: naceu no ano 301 d. C., cando un canteiro croata construíu unha igrexa no alto dunha rocha azoutada polo vento. Único sobrevivente das cidades-Estado italianas, outrora poderosas, este pequeno país logrou perpetuarse e non contaxiarse do esborralle das repúblicas de Xénova e Venecia. E aí segue, confiado na súa condición de ser o Estado soberano máis antigo do mundo e tamén a república máis antiga. O país fórmano nove municipios, presididos pola cidade medieval Città dei San Mariño, nas ladeiras do monte Titano,  incorpo­rada ao patrimonio mundial da Unesco en 2008. Visítana dous millóns de persoas ao ano; e o máis atractivo son as súas vistas pinto­ rescas, as súas rúas evocadoras e un conxunto de museos bastante estraños dedicados aos vampiros, á tortura, ás figuras de cera e outras curiosidades. Pero a superviviencia do país non depende diso, senón dun réxime fiscal bondadoso coas grandes fortunas, con baixos impostos que permiten que os servizos financeiros e o investimento estranxeiro sexan unha parte importante da economía nacional.

FONTE: Lonel Planet/el pais.com e es.wikipedia.org

0 comentarios