Blogia
vgomez

O esquecemento nun laboratorio que salvou millóns de vida



O descubrimento da Penicilina polo o bacteriólogo escocés Alexander Fleming, aconteceu a mañá do venres 28 de setembro de 1928, cando estaba a estudar cultivos bacterianos, en placas de Petri, do Staphylococcus aureus no soto do laboratorio do Hospital St. Mary en Londres, situado no Á Clarence, agora parte do Imperial College. Afortunadamente para a humanidade, durante as súas vacacións estivais una destas placas quedou esquecida no seu laboratorio. Ao regresar, Fleming observou con sorpresa que fora contaminada por un fungo do xénero Penicillium e que as bacterias morreran nas zonas adxacentes ao fungo.

Esta observación fortuíta espertou a súa curiosidade e levouno a investigar máis a fondo o fenómeno. Fleming deuse conta de que o fungo xeraba unha substancia que inhibía o crecemento das bacterias. Posteriormente illou e cultivou o fungo nunha placa na que dispoñía radialmente varios microorganismos comprobando cales eran sensibles. A identificación do espécime como Penicillium notatum realizouna Charles Thom. Publicou o seu descubrimento sen que recibise demasiada atención e, segundo os compañeiros de Fleming, tampouco el mesmo deuse conta nun inicio do potencial da substancia, senón progresivamente, en especial pola súa baixa estabilidade.

A bencilpenicilina ou penicilina G foi o primeiro antibiótico empregado amplamente en medicina e descuberto por Flemig, que xunto cos científicos Ernst Boris Chain e Howard Walter Florey (que crearon un método para producir en masa o fármaco) obtendo o Premio Nobel de Medicina en 1945.

Non todo é casualidade!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios