PEIXE ANDURIÑA
O peixe anduriña (Dactylopterus volitans) é un peixe óseo que mide sobre uns 20 a 30 cm de longo (ata un máximo de 45-50 cm), o seu corpo está recuberto de escamas fortes e rugosas, cunha coloración é marrón con manchas e as aletas son de cor azul escura ou negro con manchitas e bandas azuis. As aletas dos costados son características deste peixe xa que se despregan en forma de abano, co que lle serven para desprazarse coma se voase, pero tamén como protección, pois cando as desprega súbitamente, o peixe aparenta un tamaño moi superior ao real.
Pode realizar unha serie de sons-ronquidos producidos polo fregue das espiñas preoperculares co corpo cando está baixa a auga, de onde lle vén un dos seus nomes populares, o de peixe roncador.
Este animal sobe de cotas mais profundas para buscar parella coa que copular e poñer os ovos durante os meses de verán. Por iso pola noite é frecuente ver os machos en zonas arenosas á espera de que as femias os elixan como a súa parella.
Aliméntase de pequenos crustáceos e outros invertebrados propios dos fondos brandos en que vive, empregando a parte anterior das aletas pectorales para localizalos.
Non debe de confundirse cos peixes voadores, debido a que a anduriña non é capaz de impulsarse para voar fóra da auga, soamente planea pola columna de auga.
A súa clasificación sería:
Reino: Animal
Filo: Cordados
Clase: Actinopterygii
Orde: Scorpaeniformes
Familia: Dactylopteridae
Xénero: Dactylopterus
Especie: Dactylopterus volitans
FONTE: posidoniaecosports.com e waste.ideal.es
0 comentarios