Blogia
vgomez

O TELESCOPIO ESPACIAL SPITZER E OS SEUS ACHADOS

telescopio Spitzer

Representación artística doTelescopio Spitzer / Imaxe:espacial.org

O 25 de agosto de 2003 lanzábase unha das misións máis importantes da exploración espacial da historia da humanidade. O telescopio espacial Spitzer da NASA foi o último dos catro grandes observatorios da axencia espacial en chegar ao espazo.

Inicialmente, o telescopio estaba programado para ter unha vida de 2 anos e medio, pero a súa utilidade durou moitos anos máis, multiplicándose por 6. Agora, espérase que o Spitzer poida continuar operando ata máis ou menos o ano 2020.

En realidade, o telescopio espacial Spitzer forma parte dunha familia de catro observatorios espaciais, cada un  escrutando o Universo nun tipo diferente de luz, que daban forma ao Gran Programa de Observatorios da NASA. As outras misións no programa inclúen o famoso telescopio espacial Hubble con luz visible (HST), o Observatorio de Raios Gamma Compton (CGRO) e o Observatorio de Raios X Chandra (CXO).

O Spitzer foi deseñado para detectar a radiación infravermella, que é principalmente radiación de calor. Fórmano dous compoñentes principais. En primeiro lugar, o conxunto do telescopio crioxénico, que contén un telescopio de 85 centímetros e os tres instrumentos científicos de Spitzer.

Por último, e non menos importante, está a nave espacial, que controla o telescopio, proporciona enerxía aos instrumentos, manexa os datos científicos e comunícase coa Terra.

Curiosamente, o telescopio espacial Spitzer debe ser simultaneamente cálido e frío para funcionar correctamente. Este concepto, aparentemente tan contraditorio, quere dicir que todo no conxunto do telescopio crioxénico debe arrefriarse a só uns poucos graos por encima do cero absoluto (-459 graos Fahrenheit, ou -273 graos Celsius). Isto lógrase mediante crioxenización cun tanque a bordo de  helio líquido. Mentres tanto, os equipos electrónicos necesitan operar preto da temperatura ambiente.

Pero cal é a utilidade deste sofisticado telescopio? Os instrumentos altamente sensibles do Spitzer permiten aos científicos observar rexións cósmicas que están ocultas dos telescopios ópticos, incluídos as rexións estelares  polvorientas, os centros das galaxias e os sistemas planetarios recentemente formados. Os ollos  infravermellos de Spitzer tamén permiten aos astrónomos “ver” obxectos máis fríos no espazo, ananas marróns (dinse que son estrelas ‘erradas’), planetas  extrasolares, nubes moleculares xigantes e moléculas orgánicas que talvez poderían estar a gardar o segredo da vida noutros planetas.

Cales foron os seus descubrimentos máis importantes?

- O anel de Saturno máis grande coñécido, detectando o brillo do po frío no anel, que ten unha temperatura de aproximadamente -193 graos Celsius.

- O nacemento dun sistema solar, identificando unha gran nube de po ao redor dunha estrella xove que podría ser o resultado dun choque entre dous asteroides grandes.

- Detección de grandes galaxias recentemente nadas ou ’big  babies’, que irradiaron a súa luz hai uns 13.400 millóns de anos, ou menos de 400 millóns de anos despois do nacemento do universo.

- Distantes buracos negros  supermasivos.

- O primeiro indicio dunha atmosfera  extrasolar, nos chamados HD 209458b e HD 189733b, sendo un avance importante cara á posibilidade de que un día detéctense signos de vida en  exoplanetas rochosos.

- O primeiro mapa do clima dun planeta  extrasolar, o planeta gigante gaseoso, HD 189733b.

- O maior conxunto de planetas do tamaño da Terra xamais descuberto, sete planetas do tamaño da Terra orbitan ao redor da estrela coñecida como TRAPPIST-1.

- A primeira luz dun exoplaneta: HD 209458b e TrES-r1.

- A receita da ’sopa de cometas’. O estudo destes ingredientes proporciona pistas valiosas sobre a formación do noso Sistema Solar.

- O descubrimento de pequenos asteroides, axudado aos científicos para identificar e estudar os Asteroides Próximos á Terra (NEA).

- Un mapa sen precedentes da Vía Láctea.

- Unha ’gran cidade’ de galaxias: COSMOS- AzTEC3.

- Vestixios de estrelas recentemente nadas, asomándose desde debaixo da súa  nebulosa natal na nube escura de Rho Ophiuchi que se atopa a uns 410 anos luz da Terra.

- Moléculas de carbono de patrón hexágono-pentágono: as ’buckyballs’.

- O planeta máis distante xamais observado, situado a uns 13.000 anos luz de distancia da Terra.

FONTE:Laura Marcos/muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios