Blogia
vgomez

JIMENA FERNÁNDEZ DE LA VEGA: CIENTÍFICA DO ANO 2021 POLA RAGC

JIMENA FERNÁNDEZ DE LA VEGA: CIENTÍFICA DO ANO 2021 POLA RAGC

Iste ano 2021, en concreto o 11 de febreiro, a Real Academia galega de Ciencias (RAGC), nomeaba científica do ano a Jimena Fernández de la Vega.

O pasado venres, día 8, celebrouse en Santiago de Compostela, a homenaxe a esta profesora e pioneira da xenética medica en España.

Jimena Mª Francisca Emilia Fernández de la Vega y Lombán (Vegadeo-Asturias, 1895 – Santiago de Compostela, 1984) foi unha xenetista e profesora moi recoñecida do século XX.

Jimena, xunto coa súa irmá xemelga Elisa, foron as primeiras mulleres licenciadas pola Universidade de Santiago (USC), representando un referente excepcional do que foi a incorporación da muller, por fin, aos estudos universitarios. Foi unha das cincuenta científicas ás que a Junta para Ampliación de Estudios (JAE) lles concedeu bolsas de investigación para estudar fóra de España, con estadías en Alemaña, Austria e Italia. Logo da Xenética, orientou a súa traxectoria profesional cara á hidroloxía médica. Jimena foi un referente extraordinario demostrando o enorme potencial que lle permitiu dar unha salientable visibilidade ás científicas da época.

Como curiosidade, a súa sobriña, María Teresa Fernández de la Vega, é a actual presidenta do Consello de Estado, e foi vicepresidenta do Goberno de España entrentre abril de 2004 e outubro de 2010, ministra da Presidencia e portavoz do Gobierno.

FONTE: RAGC      Imaxe: elcorreogallego.es

0 comentarios