Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? VII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Cogomelo de cardo. De nome científico Pleurotus eryngii, é un fungo basidiomiceto da orde Agaricales. É un cogomelo que presenta gran variedade de tons pardos, desde a crema até o marrón escuro. Ten sombreiro máis ou menos convexo, inicialmente circular e na madurez máis irregular de ata uns 8 cm. As súas láminas son esbrancuxadas e decurrentes sobre o pé que adoita ser groso e curto. Ás veces medra en grupos sobre a mesma cepa. A súa carne é elástica de cheiro agradable. A principal característica do cogomelo de cardo é que é saprófita e vive asociada a esta planta, o cardo cuco ou cardo silvestre, Erygium campestre.

E imos coa proposta de hoxe!

7. Identifica:

 - Tricholoma fulvum

- Tricholoma portentosum

- Tricholoma album

- Tricholoma equestre

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e es.wikipedia.org    Imaxe: elcorreo.com

0 comentarios