Facebook Twitter Google +1     Admin

INSECTO DE HAI 300 MILLÓNS DE ANOS

20110406094200-1301939589-0.jpg

Impresión do corpo do insecto, á esquerda, sobre a rocha / PNAS

 

Científicos de Estados Unidos lograron localizar o rastro deixado no fango por un pequeno insecto hai uns 310 millóns de anos, no Carbonífero superior. Trataríase da máis antiga pegada atopada dun ser vivo voador.

A impresión sobre unha rocha é a  dun corpo duns 36 milímetros de lonxitude e as ás só se ven en parte e moi levemente, pero aínda así revela segredos sobre a morfoloxía dos insectos, nun periodo do que escasea o  rexistro fósil.

Os autores do achádego, da Universidad de Tufts, pensan que podería pertencer ao orde dos efemerópteros, coñecidos como efímeras pola curta duración da súa vida, tan só uns días. Afirman que é de gran interese porque, ademais de ter ás, é de pequeno tamaño, nun momento no que os insectos acadaban grandes dimensións debido á abundancia de osíxeno que había na Terra.

Este resto foi atopado no xacemento fosilífero da formación Wamsutta, ao sur de Massachusetts (EEUU).

06/04/2011 10:00. vgomez #. NOTICIAS DAS CIENCIAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.