Blogia
vgomez

NOVA FERRAMENTA NA ÓPTICA DA VISIÓN

NOVA FERRAMENTA NA ÓPTICA DA VISIÓN

Imaxe da retina humana obtida por microscopía no lineal / P. ARTAL

Se o ollo humano é unha máquina, aínda que sexa case perfecta, pode tratarse como tal e xa se desmostrou que a súa manipulación é posible, non hai máis que recordar as técnicas para eliminar ou reducir a miopía ou as xa ubicuas operacións de cataratas, nas que se reemplaza o cristalino por unha lente artificial. Agora chega a siguinte oleada da inxeniería do ollo, da man da física, co obxectivo non só de prescindir para sempre de muletas externas, como lentes e lentillas, senón tamén de coñecer moito mellor este órgano e a orixe e o desenvolvemento das súas patoloxías, que poden rematar sendo tratadas de forma mínimamente invasiva.

Esta nova aproximación nos laboratorios á óptica da visión ven da man de ferramentas potentes, especialmente o láser de femtosegundos, de pulsos ultracortos, que permite obter imaxes do interior do ollo (como a retina) sen afectar ás zonas intermedias. Dous fotóns combínanse grazas á intensa luz do láser para formar outro co dobre de enerxía e o dobre de frecuencia. Prodúcese así unha excitación moi localizada de moléculas que ten a ventaxa de proporcionar imaxes fluorescentes en tres dimensións con alta resolución.

"Dentro de cinco a dez anos, toda a ciruxía da parte anterior do ollo farase con luz, con láseres de femtosegundos", sinalou Pablo Artal, catedrático da Universidade de Murcia.

A microscopia con láser de femtosegundos, no infravermello próximo, vese como a próxima xeneración nos oftalmoscopios, agora imprescindibles en toda consulta. O máis empregado, basado na tomografía de coherencia óptica (OCT), xurdíu hai só 20 anos.

Futuro esperanzador!

0 comentarios