Facebook Twitter Google +1     Admin

UNHA SOLUCIÓN AO LIXO ESPACIAL

20110813124651-1313168982-0.jpg

Esquema do satélite e os seus brazos robóticos / SpaceTech12-System E. Data Package

O lixo espacial estase convertindo nun serio problema para o que as axencias espaciais e os gobernos aínda non teñen solución. Sen ir maís lonxe, no pasado mes de xuño os astronautas da Estación Espacial Internacional (ISS) tiveron que desaloxar a plataforma orbital e refuxiarse nas naves Soyuz ante a ameaza de chocar cun obxecto que se aproximaba. Tratábase dun dos miles de restos de foguetes e satélites inutilizados que se moven pola órbita terrestre. Cando a alerta chegou, estaba demasiado preto para poder maniobrar e correxir a órbita da ISS, como se fai cando existe risco de colisión con algún obxecto, de modo que optouse por evacuar a plataforma.

Pero hai unha posible solución. O científico italiano Marco M. Castronuovo acaba de propoñer un novo sistema basasdo nun satélite dotado de brazos robóticos que permitiría atrapar os fragmentos máis perigosos e levalos a unha órbita máis baixa para que co roce coa atmosfera desparezan desintegrándose.

O sistema funcionaría da siguinte maneira: cando o satélite atopa un obxecto, acóplase ao mesmo por medio dun brazo robótico. Un segundo brazo coloca no obxecto uno dos cinco equipos propulsores que leva o satélite. Despois, o obxecto libérase e o propulsor actívase para conducilo a unha órbita máis baixa, onde se destruirá cando entre en contacto coa atmosfera. Unha vez cumplida a súa misión, o satélite diríxese ata o seu próximo obxectivo para repetir a operación. Cando esgote os cinco equipos propulsores, o satélite irá ao encontro dunha estación de recarga en órbita. Por medio do seu brazo robótico abastecerase de novos equipos propulsores e volverá ao traballo na procura de máis chatarra espacial.

Segundo o proxecto de Marco M. Castronuovo, con este sistema sería posible eliminar cinco obxectos perigosos cada ano. Nos sete anos de vida operativa que tería o satélite podería, polo tanto, recoller 35 dos restos de chatarra espacial considerados máis perigosos.

Aínda que Castronuovo traballa na Axencia Espacial italiana (ASI), esta investigación, publicada na "Acta Astronautica", enmárcase dentro dun proxecto da Universidade Técnica de Delft (Holanda) no que participan profesionais de 12 países e no que a axencia italiana non está involucrada.

Veremos en que remata este curioso proxecto!

FONTE: Ciencia/El Mundo

19/08/2011 13:41. vgomez #. NOTICIAS DAS CIENCIAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.