Facebook Twitter Google +1     Admin

ASTEROIDES PRÓXIMOS Á TERRA: NIN TANTOS NIN TAN POUCOS

20111005110047-asteroides-wise1-644x490.jpg

A gráfica recolle, por tamaño, o número de asteroides que existen segundo o censo da NASA

 

As últimas observacións da NASA co telescopio espacial de infravermellos Wise demostran que o número de asteroides "medianos" (entre cen metros e un quilómetro) cercanos á Terra é bastante inferior ao que se pensaba. De feito, nos arredores do noso planeta habería uns 19.500 (e non 35.000) corpos desas características, o que supón unha reducción do 40% sobre as estimacións anteriores. Por desgraza, os riscos dun posible impacto con algún deses corpos seguen a ser prácticamente os mesmos.

Nun artigo publicado no Astrophysical Journal, investigadores do proxecto no Jet Propulsion Laboratory, en Pasadena, afirman que, grazas ao último "varrido" do Wise, a axencia espacial conseguíu tamén localizar a preto do 90% dos asteroides de maior tamaño cerca da Terra, resultando que, tamén neste caso, hai algúns menos do que se pensaba.

O que non queda claro (precísanse máis estudos) é se a reducción na cantidade implica tamén que existan menos asteroides potencialmente perigosos para nós, sen mencionar o feito de que o Wise só estudou unha franxa do ceo e os científicos extrapolaron os resultados para chegar ao total. En realidade, a maior parte desas rochas espaciais teñen aínda que ser descubertas polos astrónomos.

De calquera xeito, a investigación ten un valor incalculable xa que os seus sorprendentes resultados proceden do censo máis preciso de asteroides cercanos de cantos se realizaron ata o momento. Por cercanos enténdese aqueles que orbitan ata uns 195 millóns de km. de distancia do Sol (a Terra faino a 150 millóns de km.).

FONTE: Xornal ABC Ciencia.

08/10/2011 08:02. vgomez #. NOTICIAS DAS CIENCIAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next