Blogia
vgomez

A UE PROTEXERÁ AS ABELLAS

A UE PROTEXERÁ AS ABELLAS

 Abella polinizando / Imaxe:cookingideas.es

 

Cada inverno, dende hai algúns anos, miles de apicultores de todo o mundo atopan as súas colmeas baleiras da noite á mañá. Enxames enteiros desparecen sen deixar rastro. O responsable o chamado Trastorno do colapso das colonias (CCD polas súas siglas en inglés), tamén coñecido como desabellamento, unha enfermidade que ten desconcertada á comunidade científica e que podería facer perigar á supervivencia dunha especie básica para a biodiversidade.

Calcúlase que Estados Unidos está perdendo cada temporada un tercio da súa colonia apícola debido a este problema. Pero as causas deste fenómeno permanecen descoñecidas. O presidente da OIE (Organización Mundial da Sanidade Animal) deu a voz de alarma, e advierte que, de non tomar medidas, a situación podería desembocar nun «terrible desastre biolóxico».

Pero a importancia das abellas transcende o mundo natural e alcanza ao económico: calcúlase que un tercio da producción mundial de alimentos depende directamente das abellas, cuxa labor de polinización é indispensable para os cultivos. Esto significa que uns 30.000 millóns de euros da economía mundial están ligados ao sector apícola.

Un documental estreado en 2009 e chamado ’Vanishing the bees’ (A desaparición das abellas) xa mostraba a enorme relevancia de certos productos químicos agrícolas neste problema mundial.

Precisamente, o Parlamento Europeo (PE) acaba de reclamar a adopción de medidas urxentes para protexer a saúde das abellas, amenazadas polo aumento da mortalidade das súas colonias a escala mundial.

O pleno da Eurocámara aprobou un informe do eurodiputado socialista húngaro Csaba Sándor Tabajdi que insta a Bruselas a prohibir o uso de certos praguicidas e reclama a posta en marcha de campañas para concienciar sobre a gravidade do problema. En particular, reclama o establecemento dun calendario que prevea, a longo prazo, a retirada definitiva do mercado dos praguicidas neurotóxicos e dos productos de uso agrícola que conteñan estas substancias.

Entre os factores que contribúen á mortalidade das abellas, o informe menciona, ademais dos praguicidas, a presencia de certos parásitos, a falta de medicamentos específicos, a diminución da forraxe silvestre e a diversidade, os campos electromagnéticos e os organismos xenéticamente modificados (OGM).

Para responder ás ameazas, o Parlamento Europeo aboga tamén pola creación dunha estratexia global de medicamentos para as abellas, que identifique para cada enfermidade as condicións de actuación e os tratamentos adecuados.

Na UE existen uns 700.000 apicultores, entre os que hai profesionais, afeccionados e tamén productores agrícolas que teñen esta actividade como complemento dos seus ingresos.

Non olvidemos as palabras de Albert Einstein sobre este tema:"Se a abella desaparecera do planeta, ao home só lle quedarían 4 anos de vida".

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia.

0 comentarios