Blogia
vgomez

ATOPADO UN NIÑO CON 15 CRÍAS FÓSILES DE DINOSAURIO

ATOPADO UN NIÑO CON 15 CRÍAS FÓSILES DE DINOSAURIO

Os 15 esqueletos estaban nun niño de 2,3 metros de diámetro / Kh. Tsogtbaatar

Non é frecuente atopar restos fósiles de crías de dinosaurios e moito menos encontrar no mesmo niño varios exemplares. Por iso, a importancia de desenterrar 15 pequenos dinosaurios xuntos.

Os esqueletos pertencen á especie "Protoceratops andrewsi" e foron atopados no deserto de Mongolia, nunha zona denominada Tugrikin Shire. Todos os dinosaurios encontrábanse no mesmo niño, que ten un diámetro aproximado de 2,3 metros.

Estes pequenos dinosaurios viviron hai aproximadamente 70 millóns de anos, durante o Cretácico tardío, nunha zona de dunas. Os paleontólogos que firman este estudo, publicado no ’Journal of Paleontology’, pensan que sorprendeunos unha gran tormenta de area no deserto, durante a que quedaron sepultados.

Dez dos 15 exemplares consérvanse completos e todos eles presentan características propias de especímenes novos. O tamaño das crías suxire que todos son da mesma nai.

FONTE:  Xornal El Mundo/Ciencia.

0 comentarios