Blogia
vgomez

O NÚCLEO INTERNO DA TERRA NON É HOMOXÉNEO



O núcleo da Terra "é como un planeta dentro doutro planeta coa súa propia rotación"

O centro da Terra é unha bóla de metal sólido que permite a existencia do campo magnético terrestre que nos protexe. Como se formou, medrou e evolucionou este lugar segue sendo un misterio pero un novo estudo, baseado en datos sísmicos, desvelou algúns datos curiosos.

A esfera metálica do centro da Terra é esencial para o planeta xa que xera o campo magnético que permite a vida tal e como a coñecemos. Sen a súa protección, a superficie planetaria veríase bombardeada por radiacións e ventos solares que arrasarían a atmosfera e farían inhabitable a Terra.

Agora, tras estudar o interior planetario coa axuda de sismógrafos, científicos da Universidade de Utah revelaron que esta esfera metálica, de 2.442 quilómetros de diámetro (menos do 1% do volume da Terra), non é unha masa homoxénea senón que está formado por diferentes "texturas".

A investigación, feita por Guanning Pang mentres realizaba o doutoramento na Universidade de Utah, permitiu confirmar por primeira vez que esta heteroxeneidade "está en todas partes dentro do núcleo interno terrestre", dixo Pang, agora investigador na Universidade de Cornell (Nova York).

O estudo, cuxos detalles publicárinse na revista Nature, levou a cabo cos datos do Sistema Internacional de Vixilancia (SIV), unha rede global de redes sísmicas creada en 1996 por Nacións Unidas para detectar explosións nucleares.

Aínda que o seu obxectivo é facer cumprir a prohibición internacional das detonacións nucleares, esta rede foi de gran axuda para os científicos e axudou a desvelar moitos datos sobre o que ocorre no centro da Terra, os océanos e a atmosfera

O núcleo da Terra, que mide uns 6.000 quilómetros de diámetro, está composto principalmente de ferro e algo de níquel, xunto con outros elementos. O núcleo externo permanece líquido e envolve ao núcleo interno sólido.

"É como un planeta dentro doutro planeta que ten a súa propia rotación e está desacoplado por este gran océano de ferro fundido", explicou Keith Koper, sismólogo da Universidade de Utah que revisou o estudo de Pang.

O equipo examinou os datos sísmicos rexistrados por 20 conxuntos de sismómetros colocados en todo o mundo, incluídos dous na Antártida.

Pang analizou as ondas sísmicas de 2.455 terremotos, de magnitude superior a 5.7 porque a forma en que estas ondas rebotan no núcleo interno, axuda a cartografar a súa estrutura interna.

Nalgún momento da historia da Terra, o núcleo interno comezou a solidificarse baixo as intensas presións existentes no centro do planeta.

Descoñécese cando comezou ese proceso, pero o equipo de Utah obtivo importantes pistas a partir dos datos sísmicos, que revelaron un efecto de dispersión asociado ás ondas que penetraron ata o interior do núcleo.

"O noso maior descubrimento é que a falta de homoxeneidade tende a ser maior a maior profundidade. Cara ao centro da Terra tende a ser máis forte", explicou Pang.

"Cremos que este tecido está relacionado coa velocidade de crecemento do núcleo interno. Hai moito tempo, o núcleo interno medraba moi rápido. Alcanzou un equilibrio e logo empezou a medrar moito máis amodo", pero "non todo o ferro se solidificou, polo que parte do ferro líquido puido quedar atrapado no interior", concluíu Koper.

FONTE: eleconomista.net/tendencias

0 comentarios