Blogia
vgomez

O ABRANCAMENTO DA GRAN BARREIRA DE CORAL AUSTRALIANA


La gran barrera de coral está perdiendo color por elhuffingtonpost

 

Científicos australianos alertan de que un 93% da Gran Barreira coralina de Australia está exposta a un fenómeno de blanqueamento sen precedentes. A consecuencia deste, case a metade dos corais que compoñen a cadea poderían morrer.Na parte máis setentrional da Gran Barreira, é coma se dez ciclóns golpeárona á vez”, asegura o director do Centro de Estudos da Barreira de Coral.

O blanqueamento é un proceso que sucede cando a auga mariña quéntase e obriga aos corais á desfacerse das pequenas algas que os recubren. Estas achéganlles osíxeno e protección, polo que, ao quedar sen elas, os corais calcifícanse e vólvense brancos. O proceso é reversible ata certo punto, para iso sería necesario que baixasen as temperaturas. Por iso, no medio duns dos fenómenos do Neno máis fortes que se lembran en dúas décadas, a previsión dos científicos non é moi optimista. Con todo, os expertos cren que o Neno é só un agravante da causa principal: o quecemento global.

A Gran Barreira, declarada Patrimonio da Humanidade en 1981, é un dos símbolos de Australia. Os seus máis de 2.300 quilómetros de lonxitude albergan máis de 400 especies de coral e sustentan unha enorme biodiversidade. Ademais, estímase que cada ano achega ao país máis de 3.000 millóns de euros anuais en ingresos turísticos.

Hai case un ano, en maio de 2015, a Unesco estivo a piques de situar a Gran Barreira na súa lista de lugares Patrimonio da Humanidade que se atopan ameazados. A declaración freouse, pero desde hai anos sucédense as críticas de grupos ecoloxistas a Australia pola súa política ambiental. O país é un dos principais emisores de carbono per cápita, en parte por mor das súas plantas eléctricas, alimentadas por carbón. A pesar das promesas de recortar as emisións, o Goberno apoiou nos últimos anos proxectos de explotación de carbón en Queensland, o estado fronte ao que se sitúa a maior parte da barreira coralina.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios