AÍNDA NON CRES QUE O NIVEL DO MARA ESTÁ A SUBIR? MIRA ISTE DATO DA NASA!
								
				
				
A perda de xeo continental e de glaciares (na imaxe Perito Moreno) é unha das principais causas do aumento do nivel do mar / nikpal/nikpal- iStockphoto/lavanguardia.com
Cada  vez que un medio de comunicación de ampla difusión publica os  resultados dun estudo científico sobre cambio climático recibe mensaxes  de persoas, case sempre escondidas baixo pseudónimos, que negan a  existencia deste proceso ou polo menos que aseguran que os humanos non  temos ningunha responsabilidade sobre esta crise ambiental  cientificamente probada.
Ademais  da inmensidade das probas ratificadas durante os últimos anos por  centenares de estudos pode resultar interesante que os negacionistas do cambio climático tomen nota de que mesmo expertos de entidades tan  destacadas como o California Institute of Technology e dunha institución  na actualidade tan pouco proclive a destacar este tema como a NASA  seguen achegando estudos que reiteran o alcance desta crise planetaria.
O caso máis recente é un estudo, publicafo na revista Nature, liderado por expertos da NASA no que se analiza cun detalle ata o de agora non alcanzado o proceso de  elevación do nivel de mares e océanos a escala planetaria e as causas  ambientais e antropoxénicas deste proceso.
Como  os científicos explicaron reiteradamente, o nivel do mar atópase  sometido a variacións determinadas, entre outras causas, pola  temperatura da auga (polo fenómeno de expansión térmica) ou a achega de  auga procedente de masas de xeo existentes en zonas terrestres  (glaciares de zonas de montaña e superficies xeadas na Antártida, por  exemplo).  
O aumento da temperatura da auga, derivada de forma inequívoca polo cambio climático provocado por accións humanas como a combustión de hidrocarburos (entre outras causas) e o proceso de desxeo, tamén por efecto do quecemento, de grandes masas de auga xeada en zonas de alta montaña, as terras árticas e a Antártida sumáronse nas últimas décadas ata producir unha elevación do nivel do mar a escala global claramente superior á rexistrada a principios e mediados do século XX, como se observa con claridade nun dos gráficos difundidos pola NASA para documentar este estudo científico.
 
Evolución do proceso de elevación do nivel do mar, media de todo o planeta, nos últimos 100 anos (NASA) 
 O  aumento da temperatura da auga é, xunto ao  derretimiento do xeo en  zonas terrestres (xeos continentais), a principal causa da elevación do  nivel do mar. Este proceso de debe á expansión térmica da auga. A auga cando sobe de  temperatura aumenta de volume. A máxima densidade da auga, é dicir,  cando a auga está máis concentrada, ocupa menos volume, é a 4 graos  centígrados (sobre cero).
Cando  a temperatura da auga empeza a subir, a partir destes 4 graos, perde  densidade e por tanto, aumenta de volume. En consecuencia, o nivel do  mar está a aumentar tamén por causa do aumento da temperatura da auga  mariña.
FONTE: Joaquim Elcacho/lavanguardia.com/natural
0 comentarios