DOCUMENTAL: COMPRAR, TIRAR, COMPRAR
Sigo coa serie de documentais que mediante imaxes e datos impactantes, teñen a pretensión de concienciarnos e facernos máis ecolóxicos.
Iste documental "Comprar, tirar, comprar” dá a coñecer a "obsolescencia programada", ou como os fabricantes estaríanas inxeniando para que os seus produtos duren menos do que poderían e vender así máis. A reportaxe ofrece diversos exemplos, como o dunha impresora doméstica cun chip que a inutiliza ao alcanzar un número controlado de impresións; para que funcione de novo, o seu usuario utiliza un programa que resetea o chip, unha mostra de que os consumidores poden facerlle fronte.
FONTE Revista Consumer
0 comentarios