Blogia
vgomez

CATRO COUSAS QUE DEBEMOS FACER PARA FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO

 

Todos os días hai boas noticias, o que pasa é que a prensa ponlle máis énfase ás malas noticias. Pero iso non quere dicir que non estean a suceder as cousas correctas. A verdade é que se un busca a información positiva, atópala todos os días”, a afirmación de  Christiana  Figueres non é outra invitación máis a botarlle a culpa ao mensaxeiro. Un recurso moi socorrido cando os temas son tan complexos que ninguén quere facerse responsable deles. E en verdade, o tema do que se ocupa esta diplomática costarriqueña é o máis complexo e importante de todos, debido a que ela é a máis alta funcionaria de Nacións Unidas para o cambio climático. Obviamente falar de boas noticias nun terreo no que o que está en xogo é nada menos que o futuro da especie, non é unha broma. E, con todo, a pesar da mala pinta que teñen os titulares máis tenebrosos e as complicacións da xeopolítica, Figueres non está soa nesta pequena mirada esperanzadora. O pasado mes de decembro, Bloomberg publicaba un artigo titulado “Algunhas pequenas boas noticias sobre o cambio climático” e sinalaba que era importante destacar que “Dezanove países, incluídos os os Estados Unidos e Gran Bretaña experimentaron unha década de crecemento económico e menores emisións de dióxido de carbono. A capacidade de enerxía renovable atópase nun nivel récord e a queima de carbón podería alcanzar o seu punto máximo”.

Por suposto, que haxa algunhas boas noticias, non significa que estea todo o traballo feito. En realidade, apenas comezamos. E  Figueres é consciente diso: “nós non imos solucionar o cambio climático. O acordo de París o que busca é eliminar a franxa de maior perigo”. Sabemos, porque os científicos non deixan de alertar sobre iso, que xa hai algunhas consecuencias irreversibles, e tamén que nos próximos anos veremos alteradas as temperaturas ou os ciclos hidrolóxicos do planeta. Pero os máis optimistas cren que estamos a tempo de paliar os efectos máis terribles, cambiando unha tendencia negativa.

Nun documento de Nacións Unidas Figueres aseguraba que non debe desdeñarse a importancia do que se está facendo desde distintas institucións: “Esta é a primeira vez na historia da humanidade que estamos a crear nós mesmos a tarefa de, intencionadamente, e nun prazo de tempo determinado, cambiar o modelo de desenvolvemento económico que reinou, polo menos, durante 150 anos, ou o que é o mesmo, desde a revolución industrial. Iso non vai suceder da noite para a mañá e non vai ocorrer nunha soa conferencia sobre cambio climático”. Por iso anímanos a todos (gobernos, empresas, individuos) a poñernos en marcha. E sinala catro comportamentos esenciais: deixar de consumir carne, apostar por un transporte eficiente, non investir os nosos aforros en industrias ou actividades industriais que contaminen, e por últimos ser responsables co noso voto e dar as costas a aqueles políticos que negan a evidencia do cambio climático. Como loitadora incansable que é,  Christiana  Figueres négase a entregarse ao pesimismo, pero tampouco é unha inxenua e advirte da importancia de todos os nosos actos porque, en materia de clima, o seguro é que nos próximos anos “a cousa vai poñer peor”.

FONTE: José  L. Álvarez  Cedena/elpais.es

0 comentarios