OS 10 ANIMAIS ENDÉMICOS DE ESPAÑA MÁIS AMEAZADOS (X-FIN)
Remato co útimo e décimo animal endémico de país (é dicir, que en todo o mundo só atópanse aquí), dos 10 que se atopan en maior risco, das máis de 600 especies animais ameazadas en España.
10. Aguia imperial ibérica (Aquila adalberti)
Calcúlase que o 80% dos pitos de aguia imperial ibérica morrían electrocutados nos anos 60 do século XX, pero hoxe as poboacións desta rapaz recupéranse e os últimos censos rexistran máis de 500 parellas en España, distribuídas polo sur e o centro da península.
A plumaxe dos exemplares adultos é dun pardo moi escuro en todo o corpo, excepto nos ombreiros e a parte alta das ás, onde é de cor parda salpicada de plumas brancas. A caluga é lixeiramente máis pálida que outras partes do corpo, e a cola máis escura, sen bandas claras ou liñas brancas como no aguia imperial oriental.
O tamaño medio dos adultos é de entre 78 e 83 cm de altura, e 2,8 kg, aínda que as femias, máis grandes que os machos, poden chegar ao 3,5 kg. A envergadura das ás varía entre os 1,8 e 2,1 m.
Viven uns vinte anos de media.
É unha ave territorial que adoita asentarse nun mesmo territorio durante anos. Estes territorios adoitangozar dun bo estado de conservación, sobre todo en canto a calidade das masas forestais autóctonas e a súa extensión. A alimentación baséase case en exclusividade en perdices, coellos e lebres.
Fin!
FONTE: farodevigo.es/medio-ambiente e es.wikipedia.org Imaxe: pinterest
0 comentarios