ANO 4717
Viñeta de Davila no xornal Faro de Vigo de hoxe
O luns pasado, día 4, comezou o ano 4717 segundo o calendario chinés, un cómputo que parte dende o ano 2697 a. C. Sempre cae na lúa Nova máis próxima ao día equidistante entre o solsticio de inverno (entre o 21 e o 23 de decembro) e o equinoccio de primavera (entre o 20 e o 21 de marzo) do hemisferio norte. Por iso varía cada ano entre o 3 e o 5 de febreiro, nunha data que está aproximadamente 45 días despois da do solsticio de inverno e 45 días antes da do equinoccio de primavera.
Outra das curiosidades do Ano Novo Chinés é a identificación cun dos 12 animais espirituais do zodiaco chinés, que se repiten de forma cíclica. Este ano deixamos atrás o ano do can e empezamos a transición cara ao ano do porco, que se asocia coa fertilidade e que se vaticina como un ano alegre e no que primará o diálogo e a diversión.
Feliz ano!
0 comentarios