CANTO SABES DE CINE IV
A contestación correcta á pregunta do día anterior é Jurassic Park. Esta película é outro dos éxitos de Steven Spielberg. Baseada na novela homónima de Michael Crichton, o parque de atraccións con dinosauros clonados foi toda unha revolución. A cinta obtivo tres premios Óscar e todos aclamaron os efectos especiais que facían parecer case reais aos dinosauros. Outras películas con dinosauros: O planeta dos dinosauros, O mundo perdido, Viaxe ao mundo perdido, Camiñando con dinosauros, Pterodáctilo, Ice Age, A viaxe de Arlo...
E imos coa proposta de hoxe:
4. Trátase dunha das películas máis influentes na historia do cinema. A acción transcorre no Xapón do século XVI.
- Ran
- Harakiri
- Os 7 samuráis
- O último samurái
Mañá a solución!
FONTE: Idea orixinal de muyinteresante.es/cine/cultura/curiosidades
0 comentarios