Blogia
vgomez

O VALOR DE COMPARTIR

 

A campaña publicitaria do sorteo da Lotería de Nadal,xa é un clásico cada ano. Baixo o título ’O valor de compartir’, Loterías e Apostas do Estado preséntanos os tres anuncios creados pola axencia de publicidade Contrapunto BBDO.

Nesta ocasión, a campaña baséase en tres historias reais diferentes que teñen un mesmo nexo común: compartir un décimo da Lotería de Nadal.  

O primeiro deles, titulado ’Tres orquídeas’, narra a historia dun fareiro ao que un refacho de vento fai que chegue ata a súa casa un décimo da Lotería de Nadal. No reverso, pon: "Para Julia, tres orquídeas". Casualmente, ese décimo resulta premiado. A partir de aí, comeza unha procura para dar coa dona do décimo, ata que se atopa cunha furgoneta dunha florería que se chama ’As tres orquídeas’, polo que decide levarllo.  

O segundo, leva por nome ’Vika’. Neste anuncio, desenvólvese a amizade que xorde entre Marta e Vika. Ambas traballan nunha fábrica de luces de Nadal. Marta encárgase de ensinarlle a Vika, unha emigrante que non fala español, as tradicións españolas. Entre elas está a de compartir un décimo da Lotería de Nadal.

A viaxe’ é o título do terceiro dos anuncios da campaña. Nesta ocasión, o protagonista é Esteban, un pastor xubilado que vive nas montañas e decide emprender unha viaxe co seu rabaño para visitar a un amigo ao hospital para levarlle un décimo da Lotería de Nadal.

Os tres anuncios da campaña do Nadal foron gravados en Asturias. Para iso, elixíronse localizacións no municipio de Salinas e a contorna da ría de Avilés, ademais dun polígono industrial en Lugones.

Compartir é fermoso!

0 comentarios