CATÁLOGO ESPAÑOL DE ESPECIES INVASORAS

A ambrosía, o xacinto de auga, o mexillón cebra, o mosquito tigre, o picudo vermello, a perca, o lucio, o rutilo, o siluro, a cotorra arxentina, o galápago de Florida, o visón americano, o mapache ou o esquío gris son algunhas das especies incluídas no apéndice I do Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras que, no desenvolvemento da Lei de Patrimonio Natural e a Biodiversidade haberá que comenzar a combatir xa, trala súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE).
O Catálogo, aprobado o 11 de novembro polo Consello de Ministros, establece e regula o listado e catálogo das especies invasoras que é unha das principais causas de perda da diversidade biolóxica e que xera "importantes" prexuízos sobre os aproveitamentos económicos que se desenvolven no medio rural.
Tamén, o Goberno considera que estas especies constitúen un risco para acadar o bo estado das masas de auga, polo que aparecen reflectidas nos Esquemas de Temas Importantes das Demarcacións.
Neste contexto, estudios científicos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), apuntan que a maioría das aves exóticas de orixe silvestre importadas cando se escapan ou liberan ao medio natural, adáptanse e sobreviven ben no novo medio e convírtense en especies exóticas invasoras, existindo un alto risco para o medio ambiente e o home ao ser moitas delas portadoras de axentes patógenos. Por esta razón, a Unión Europea prohibíu en marzo de 2007 para todo o territorio europeo a importación de aves exóticas de orixe silvestre.
Deste xeito, o Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras (en diante o Catálogo) e do Listado de Especies Exóticas con Potencial Invasor establece as características, contidos, criterios e procedementos para incluír ou excluír ás mesmas, así como as medidas necesarias para previr a introducción das especies invasoras e para o seu control ou posible erradicación.Comentarios > Ir a formulario
¿Buscas algo?
Utiliza este buscador:
Si no encuentras lo que buscas escrbenos un comentario.
Enlaces
Algunos sitios recomendados
- EL NATURALISTA COJO
- A.I.R-e: ASISTENTE INTELIXENTE DE RECICLAXE
- LA FARMACIA NATURAL
- REVISTA esPosible
- WEBCAM MOLINO
- BIBLIOTEGRA DO MIÑO
- DICIONARIO ELECTRÓNICO DA RAG
- ÁLBUM DA CIENCIA
- ANABAM
- BOIA DE A GUARDA (WMO)
- INFOMIÑO
- PRENSA DE ESPAÑA
- GALIPEDIA: ENCICLOPEDIA LIBRE
- TABOA PERIÓDICA
- GUÍA DE FUNGOS E COGOMELOS
- REVISTA CONSUMER EROSKI
- PARQUES E RESERVAS DA BIOSFERA
- ANTI-BULLYING [Línea de Axuda contra o Acoso Escolar]
- DARWIN: O PAI DA EVOLUCIÓN
- MÚSICA
- CLIMÁNTICA
- REVISTA TRÁFICO E SEGURIDADE VIAL
- XUNTA DE GALIA: PORTAL EDUCATIVO
- FASES LUNARES E MAREAS
- O TEMPO NO MUNDO
- O TEMPO EN GALICIA
- XUVENTUDE.NET
- BIBLIOTECA VIRTUAL DE PRENSA HISTÓRICA
- DICIONARIO DE PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA