CATÁLOGO ESPAÑOL DE ESPECIES INVASORAS
A ambrosía, o xacinto de auga, o mexillón cebra, o mosquito tigre, o picudo vermello, a perca, o lucio, o rutilo, o siluro, a cotorra arxentina, o galápago de Florida, o visón americano, o mapache ou o esquío gris son algunhas das especies incluídas no apéndice I do Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras que, no desenvolvemento da Lei de Patrimonio Natural e a Biodiversidade haberá que comenzar a combatir xa, trala súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE).
O Catálogo, aprobado o 11 de novembro polo Consello de Ministros, establece e regula o listado e catálogo das especies invasoras que é unha das principais causas de perda da diversidade biolóxica e que xera "importantes" prexuízos sobre os aproveitamentos económicos que se desenvolven no medio rural.
Tamén, o Goberno considera que estas especies constitúen un risco para acadar o bo estado das masas de auga, polo que aparecen reflectidas nos Esquemas de Temas Importantes das Demarcacións.
Neste contexto, estudios científicos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), apuntan que a maioría das aves exóticas de orixe silvestre importadas cando se escapan ou liberan ao medio natural, adáptanse e sobreviven ben no novo medio e convírtense en especies exóticas invasoras, existindo un alto risco para o medio ambiente e o home ao ser moitas delas portadoras de axentes patógenos. Por esta razón, a Unión Europea prohibíu en marzo de 2007 para todo o territorio europeo a importación de aves exóticas de orixe silvestre.
Deste xeito, o Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras (en diante o Catálogo) e do Listado de Especies Exóticas con Potencial Invasor establece as características, contidos, criterios e procedementos para incluír ou excluír ás mesmas, así como as medidas necesarias para previr a introducción das especies invasoras e para o seu control ou posible erradicación.
0 comentarios