O ELO PERDIDO
Investigadores da Universidade de Chicago atoparon un peixe africano, o "Protopterus annectens" ou "Lungfish", que podería ser un elo clave na evolución, xa que se despraza grazas a unhas aletas pélvicas que facían as veces de patas e é pulmonado.
Este descubrimento, publicado en PNAS, leva a pensar que o P. Annectens é unha especie anterior ou que se desenvolveu xunto aos tetrápodos, que evolucionaron a partir dos peixes sarcopterygian no Devónico e foron os primeiros vertebrados en colonizar a terra.
Dende sempre ol "lungfish" foi popular entre os paleontólogos pola súa peculiar historia evolutiva, ao estar vinculado con animais que podían desenvolverse e saír da auga. Así a todo, e pese a que había rumores entre os científicos de que era un peixe que camiñaba, ninguén o comprobara nunha investigación exhaustiva.
FONTE: Xornal Faro de Vigo.
0 comentarios