DESCOBREN OUN PEQUENO DINOSAURO CARNÍVORO CON PATAS DE RAPTOR E ÁS
Reconstrución artística dun individuo adulto e un máis novo do Overoraptor chimentoi / Conicet. gov.ar/Ilustración: Gabriel Lio
Paleontólogos arxentinos presentaron unha nova especie de dinosauro de 90 millóns de anos de antigüidade que tiña patas semellantes a un raptor e ás na parte superior do seu corpo, polo que o seu achado achega información para comprender como evolucionaron e xurdiron as aves.
O achado deste dinosauro emparentado coas aves produciuse na provincia de Río Negro, na Patagonia. Trátase dun animal pequeno e áxil que non superaba o metro e medio de lonxitude. Aínda que non podía voar, este dinosauro podía efectuar movementos semellantes aos que realizan as aves modernas durante o voo e usaría as ás para equilibrarse nos momentos en que corría, por exemplo, para atacar ás súas presas.
"Este animal posuía unha garra moi afiada no dedo índice do seu pé, a cal seguramente lle servía para atacar ás súas presas, e tiña unha pata alongada e grácil, o que indica que era un animal corredor", comentou o autor principal do estudo publicado na revista The Science of Nature.
Os achados achegan novos datos sobre como evolucionaron as aves a partir deste grupo de dinosauros.
Ata o achado desta nova especie, todos os dinosauros carnívoros que se coñecían da Patagonia con aspecto de aves pertencían ao grupo dos unenlágidos, os cales eran áxiles e camiñaban nas patas traseiras. Estas especies, tiñan unha garra recurvada no dedo índice do pé, puntiaguda, de pequeno tamaño, que seguramente era de axuda para estes carnívoros ao momento de atrapar ás súas presas.
"Ao contrario do que asumimos nun comezo, o Overoraptor non é integrante desta familia dos unenlágidos, senón doutro grupo que inclúe a unha especie de Madagascar chamada Rahonavis", precisase no estudo. Engadindo: "Agora, sabemos que os continentes austrais estiveron habitados por variados paravianos, incluíndo aos unenlágidos e os ’overoraptores’; isto fala dunha gran diversidade de formas que apenas estamos a empezar a coñecer".
O nome Overaptor chimentoi alude ao patrón de cor overo, con manchas escuras, co cal os seus fósiles foron preservados, e fai referencia ao paleontólogo Nicolás Chimento que efectuou o seu achado inicial en 2013.
FONTE: elmundo.es/ciencia
0 comentarios