Blogia
vgomez

CANTO SABES DOS INSECTOS? IV

Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.

A contestación á pregunta de onte é Saltamontes arco iris. Este saltamontes de nome científico Dactylotum bicolor, pertence á familia Acrididae, sendo orixinario dos Estados Unidos, Canadá e o norte de México e exhibe aposematismo (coloración de advertencia). Foi descrito por primeira vez polo entomólogo alemán Toussaint de Charpentier en 1843.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Esta bolboreta é a máis grande do mundo. As súas ás teñen unha envergadura duns 25 cms. Cal é?

- Bolboreta arlequín

- Bolboreta ás de paxaro

- Bolboreta monarca

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es/natureza

0 comentarios