CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XIX
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1939. A segunga guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. Tivo como resultado final un total de entre 50 e 58 millóns de mortes. Isto fixo da segunda guerra mundial o conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade.
E imos coa pregunta de hoxe!
19. Que monarca foi executado durante a Revolución Francesa?
- Carlos X
- Luis XVI
- Luis XV
- Felipe de Orleans
Maña a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: althistory.fandom.com/es e rcf.fr
0 comentarios