Blogia
vgomez

UN ANO DE CONTAMINACIÓN EN SÓ UN MINUTO

 

Coma se o hemisferio norte estivese en chamas, así se mostra a nube de dióxido de carbono (CO2) cubrindo a atmosfera sobre Norteamérica, Europa e Asia. As supercomputadoras da NASA móstrannos un ano de evolución deste gas, o máis importante de efecto invernadoiro proveniente da actividade humana. A Terra non é capaz de absorber a metade destas emisións e permanece na atmosfera, contribuíndo decisivamente ao aumento das temperaturas globais no longo prazo.

O vídeo comprime un ano de datos (2006, concretamente) nuns minutos de imaxes nas que vemos o CO2 cubrir boa parte da atmosfera para remitir sensiblemente en primavera cando chega a fotosíntese ás rexións verdes do norte. Deste modo, a simulación ilustra á perfección as diferenzas nos niveis de dióxido de carbono nos hemisferios norte (densamente poboado e industrializado) e sur, así como os cambios nas concentracións de dióxido de carbono no mundo durante as estacións.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios