Facebook Twitter Google +1     Admin

JEANNE BARET

Publicado: 22/01/2012 12:46 por vgomez en NOMES PROPIOS
20120121133920-jeanne-baret.jpeg

‘MAD LLA BARÉ’, artista descoñecido. Extraído de “Navigazioni de Cook pel grande oceano e itorno al globo”, Vol. 2, 1816, Sonzogono e Comp, Milano/Fonte:pays-de-bergerac.com

O outro día falamos dunha planta, a Buganvilla, á que lle adicamos un artigo. Daquela quedaramos de adicarlle outro a moza que se fixera pasar por mozo nunha viaxe a bordo do l’Etoile como axudante do botánico Philibert Commerson e que ao paracer foi quen fixo a maior parte do traballo pois o naturista pasou a maior parte da viaxe enfermo. Esa moza foi Jeanne Baret.  

Como recoñecemento ao labor desta botánica, despois de 250 anos, Eric Tepe (botánico de 41 anos adscrito ás universidades de Utah e Cincinnati (EEUU) e o seu equipo, déronlle o seu nome a unha unha planta: Solanum baretiae. Esta especie é unha planta trepadora que se atopa no sur de Ecuador e ao norte de Perú, e pertence ao mesmo xénero que a pataca, o tomate e a berenxena, aínda que sen tubérculo comestible. 

Pero coñezamos algo máis desta muller: Jeanne Baret  naceu 27 de xullo 1740 nun pequeno pobo da Borgoña francesa, pasando os seus primeiros anos na granxa do seu pai. A morte deste, tendo ela 22 anos, convertíuse na institutriz do fillo do viúvo doutor Philibert Commerson. Asombrado pola intelixencia desta moza Commerson deulle clases de botánica, confiándolle a perparación dos herbarios.

En 1764, Commerson foi nomeado botánico do rei Louis XVI e, como tal, debe facer unha viaxe ás Terras Austrais, acompañando a Monsieur de Bougainville. Dado que Baret, por ser muller, non podía embarcar, fíxose pasar, disfrazada de home, como axudante de Commerson, facéndoo o día 1 de febreiro de 1767 a bordo do l’Etoile. Realmente Baret era a amante de Commerson, pero a relación era levada con moito disimulo.
Durante todo o tempo que estivo a bordo, recolectou plantas xunto a Commerson en localizacións como Río de Xaneiro, o Estrecito de Magalláns, Tahití, Illa Mauricio e Madagascar. Cando a mala saúde de Commerson impedíulle levar a cabo o traballo de campo, Baret foi a responsable de tódalas coleccións, incluíndo a recolección da especie máis famosa da expedición, a " Bougainvillea", da que xa famalomos no artigo citado anteriormente.
Tras diversas peripecias, Commerson morre na illa Maurice e Baret debe casarse cun militar francés para poder regresar a Francia, facéndoo en 1776. Commerson e Baret recolleron máis de 6.000 especímenes, que se conservan no Museo Nacional de Historia Natural de París. Durante a expedición e nos anos venideros, unhas 70 especies foron bautizadas co nome específico de "commersonii" en homenxe ao botánico Commerson.
O seu traballo con Commerson é recoñecido oficialmente polo Rei que lle concede unha pensión de 200 libras. Jeanne Baret morre o 5 de agosto 1807, aos 67 anos.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia e ztfnews.wordpres.com

Comentarios  Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.