Blogia
vgomez

DOUS ALUMNOS DO NOSO IES NO CONFINT-ESPAÑA

DOUS ALUMNOS DO NOSO IES NO CONFINT-ESPAÑA

Alejo, co seu pai, José María e Ánxela e coa súa nai, Begoña, na primeira fase, o pasado día 14 en Santiago de Compostela.

 

Dous alumnos de 2º ESO deste IES: Ánxela Vicente González  e Alejo Conde Blasi, xunto con outros 15, doutros centros galegos, son os representantes de Galicia na Confint-España, que se celebrará os días 26 e 27 deste mes en Euskadi.

A Conferencia Internacional Infanto-Xuvenil para o Coidado do Planeta xunta voces e esforzos de mozas e mozos de todo o mundo para dar a coñecer as súas propostas para a sostibilidade.

A primeira fase, celebrada en Galicia, onde saíron como representantes, celebrouse o 14 de xaneiro, no Museo Pedagóxico, en Santiago de Compostela, á que asistiron alumnado, pais, nais e profesorado de diversos centros educativos adscritos á Axenda 21 Escolar Galega.

Máis adiante dous representantes do alumnado galego asistirán á Confint-Europa, que terá lugar en Bruxelas do 14 ao 16 de maio. O proceso culminará coa Confint 2012 en Río de Janeiro, no Brasil, do 4 ao 6 de xuño, que se fará coincidir co Cumio da Terra Río+20. 

Mañá pola mañá, día 25, comenza esta aventura, coa viaxe ata Vitoria-Gasteiz, onde van a convivir durante dúas xornadas con outros 110 mozo e mozas vidos de cinco comunidades autónomas (Canarias, Cataluña, Galicia, Madrid e País Vasco) para intercambiar as súas experiencias e proponer novas accións de cara a coidar o planeta e a involucrar a novos axentes coa Carta das Responsabilidades dos Mozos saída da Confint de Brasil, en xuño de 2010.

Boa viaxe e moita sorte!

FONTE: galiciasuroeste.info

0 comentarios