OS 10 ANIMAIS ENDÉMICOS DE ESPAÑA MÁIS AMEAZADOS (IV)
Continúo co cuarto animal endémico de país (é dicir, que en todo o mundo só atópanse aquí), dos 10 que se atopan en maior risco, das máis de 600 especies animais ameazadas en España.
4. Ferreret (Alytes muletensis)
O ferreret ou sapiño balear habita nas zonas máis agrestes da serra de Tramontana (Mallorca) e a súa principal ameaza son especies como o gato, a rata ou a cobra de auga, aínda que tamén afronta o ataque do fungo quitridio, responsable da desaparición de case cen tipos de anfibios no mundo.
Este anfibio anuro chega a alcanzar unha lonxitude máxima duns catro centímetros. A súa pel presenta variedade de coloracións que van desde o marrón ata o verde e salpicada de manchas escuras irregulares en canto a número, tamaño e cor. Destacan uns ollos grandes que evidencian os seus costumes nocturnos e unhas longas extremidades que lle facilitan subir polas frecuentes pedras no seu hábitat.
Continuará!
FONTE: farodevigo.es/medio-ambiente e es.wikipedia.org Imaxe: Ara balears
0 comentarios