SOSTIBILIDADE IX
Estás averiguando o que sabes sobre a sotibilidade e o que significa realmente.
A contestación á pregunta de onte é Si, pódese mellorar o illamento térmico tanto dos muros como das xanelas, ademais de instalar sistemas de climatización sostibles. Estas son 10 obras de rehabilitación enerxética que se poden realizar tanto no exterior dun edificio como no interior dunha vivenda para gañar en sustentabilidade, eficiencia e confort: Instalar placas solares, instalar xanelas illantes, proteccións solares, sistemas de ventilación mecánica controlada, instalar un sistema de aerotermia, sistemas de xestión da enerxía, electrodomésticos eficientes, cambio da iluminación, illamento térmico da fachada e punto de recarga para coches eléctricos.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Que podes facer para evitar o consumo de plásticos de maneira indiscriminada?
- Unha vez que usas algo de plástico, tírao ao lixo e olvídate.
- Sempre que sexa posible, opta por artigos reutilizables, como bolsas de tea para a compra, botellas de auga, cuncas de café e fiambreras.
- Compra unha máquina que corte o plástico en anacos e lévaos a planta de reciclaxe.
Mañá a solución e última pregunta!
FONTE: farodevigo.es/sociedade e elperiodico.com Imaxe:cordobahoy.es
0 comentarios