LAMPREA
Estamos en época de lamprea. A lamprea (Petromyzon marinus), é un peixe sen mándíbula, de corpo alongado e cilíndrico e con forma de serpe. É un ser moi primitivo e moi pouco evolucionado dentro do mundo animal, cunha antigüedade de 500 millóns de anos. Ten a boca en forma de ventosa (que lle permite ser parásito doutros animais mariños) e presenta sete buratos a ambos os lados do corpo (branquias) e non ten escamas. O seu esqueleto é cartilaxinoso. Nace nos ríos, medra no mar e volve de novo ao río para reproducirse, que é cando é capturada polos nosos pescadores.
A súa clasificación científica é:
REINO: Animal
FILO: Cordados.
CLASE: Cefalaspidomorfos.
ORDE: Petromyzondes.
XENERO: Petromyzon
0 comentarios