Facebook Twitter Google +1     Admin
20120125105600-chiste-de-forges-sobre-investigacion-cientifica.gif

 

Os mozos e mozas que se adican á investigación e que intentan abrirse camiño no campo da ciencia constitúen un dos colectivos máis afectados polos recortes. Un movemento social a favor da ciencia e en contra dos recortes vai cobrando cada vez máis forza a través da Internet e das redes sociais. Tralo tesoireretazo de 600 millóns de euros anunciado polo actual Goberno de España, sumado ao do anterior Executivo, a comunidade científica mostra un profundo malesta, apoiado por outras voces como a prestixiosa revista Nature. Agora son os cidadans os que comenzamos a manifestar a nosa indignación por medio dunha proposta ao Ministerio de Facenda: engadir unha "casilla" na declaración da renda para que aquel que o desexe poida aportar o 0,7% dos seus impostos á investigación, algo similar ao que actualmente sucede co apartado da igrexa católica ou fins sociais. Esta idea foi dun mozo científico español Francisco J. Hernández.

A proposta non está libre de críticas: E se aparece outro sector afectado? Habería que poñer outra "casilla"? Empezariamos a buscar enfrentamentos innecesarios. A ciencia ten que ser financiada a través dos Presupuestos Xerais do Estado de forma planificada. Se un país non invirte en investigación nunca progresará, marchando os investigadores e as patentes a outros países, pagando despois dobremente. A I+D non pode financiarse con caridades e limosnas, pero a iniciativa é unha forma de chamar a atención e poñer sobre a mesa o debate. Agora tócalle mover ficha ao Goberno.

Se queres coñecer polo miúdo esta proposta, o contido da carta e firmala, no caso de ser maior de idade, pincha  AQUÍ.

Comentarios  Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.