AS INFINITAS POSIBILIDADES DUN TABOLEIRO DE XADREZ
Gambito de dama é unha das aperturas máis antigas do xadrez e dá nome a unha serie de televisión que narra a historia dun nena prodixio do taboleiro. A protagonista non é Judit Polgar, pero moitas das secuencias ben poderían ser extractos da súa vida.
De pais pedagogos, as tres irmás Polgar foron educadas en casa co obxectivo firme de convertelas en grandes xogadoras. Con tan só 12 anos Judit Polgar venceu a un Gran Mestre e con 15 converteuse ela mesma en Gran Mestra do xadrez. Desde temperá idade crebou os argumentos críticos co ‘método Polgar’ e os esquemas mentais dos seus rivais masculinos. É a única muller que estivo entre os 10 mellores xadrecistas do mundo e unha das deportistas máis brillantes da historia. “Creo que eu son quen son no xadrez porque os meus pais non me limitaron”, asegura a xogadora.
Tras unha traxectoria sobresaliente, retirouse da competición en 2014. Hoxe dedícase a difundir o xadrez con fins educativos desde a etapa infantil a través da Judit Polgar Chess Foundation. Afirma que os taboleiros son unha fonte inesgotable de recursos didácticos: “O xadrez é unha ferramenta máxica para as clases”.
0 comentarios