Facebook Twitter Google +1     Admin

DUNAS DE MARTE

Publicado: 30/01/2012 08:19 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20120126180224-dunas-de-marte.jpg

Dunas de Marte / Imaxe: NASA

O  satélite Mars Reconnaissance Orbiter  (MRO) da NASA, obtivo imaxes da superficie de Marte nas que poden verse unhas dunas formadas pola acción dol vento. Segundo explicaron os expertos, a distribución espacial e morfoloxía das dunas marcianas están directamente relacionadas polos cambios na dirección e intensidade do vento, ao igual que pasa na Teerra, e grazas a estas formacións e aos patróns de erosión que se poden ver nas imaxes, os científicos poden obter detalles sobre a historia do terreo.

Concretamente, as fotografías captadas corresponden a unhas dunas de area atrapadas no interior dun cráter na zona de Noachis Terra, no cono sur do planeta vermello e foron tomadas o pasado 29 de novembro a unha altura de 252,20 quilómetros con respecto á superficie do planeta. A imaxe ten unha resolución tal que cada píxel corresponde a unha distancia de 25 centímetros e, polo tanto, a área cuberta na imaxe equivalería apr Xornaloximadamente a un quilómetro cadrado.

O satélite foi lanzado en 2005 e entrou na órbita de Marte en outubro de 2006, uníndose así a outros 3 satélites artificiais que orbitan arredor deste planeta. La MRO leva aloxada unha cámara de alta resolución de nome HiRISE (High-Resolution Imaging Science Experiment) coa que a NASA está sacando imaxes de alta resolución da superficie marciana. Concretamente, dende o seu lanzamento, capturáronse máis de 20.000 imaxes da superficie marciana.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.