POR QUE A CARA OCULTA DA LÚA É DIFERENTE DA VISIBLE?
Simulación da colisión entre as dúas lúas terrestres / Nature
A cara oculta da Lúa e a visible amosan notables diferencias. A primeira é montañosa, mentras que na segunda domina o terreo baixo e chan; tampouco as rochas son idénticas. Os científicos discutiron esta asimetría durante moito tempo propoñendo diferentes procesos internos ou externos que puderan provocala, pero a cuestión non está nin moito menos zanxada. As montañas, terras altas, da cara oculta da Lúa poderían ser os restos duanha gran colisión entre ela e outro satélite terrestre máis pequeno, que acabou por desaparecer. Esta é a conclusión do traballo de dous científicos da Universidade de California que esta semana se publica a revista "Nature".
Os investigadores parten da teoría que defende que un obxecto do tamaño de Marte chocou coa Terra nas orixes do Sistema Solar, o que fixo que saíran despedidos pedazos de masa que acabaron por configurar a Lúa. No seu traballo, Erik Asphaug e Martin Jutzi sinalan que entón tamén se formou outro obxecto, que nos inicios compartíu a órbita da Lúa, pero que acabou colisionando con ela.
No seu traballo, e grazas a simulacións realizadas por ordenador, recrearon como pudo ser o impacto entre a Lúa e unha compañeira que tiña 30 veces menos masa. Observaron que a baixa velocidade, dado que non estaba moi lonxe, o impacto non pudo xerar un cráter nin fusionar a materia, quedando amontoada na rexión afectada ata formar unha grosa capa de codia, de varios quilómetros de profundidade.
Pero outras hipóteses, tamén publicadas en revistas de prestixio, atopan outras explicacións, como que as montañas creáronas as forzas das mareas ou que a diferente composición débese a estraños volcáns.
FONTE: El Mundo e El País
0 comentarios