OS PRIMEIROS ORGANISMOS QUE POBOARON A TERRA FIXÉRONO MOITO ANTES DO QUE SE PENSABA
Fragmento do diamante no que se atoparon os restos de carbono. (Foto: Nature)
A revista "Nature" desta semana publica unha noticia na que os científicos aseguran que os primeiros organismos que poboaron a Terra posiblemente xurdiron 700 millóns de anos antes do que se pensaba ata agora. A esta conclusión chegaron despois dun estudio dos restos de carbono localizados nun diamante extraído en Jack Hills, no oeste de Australia. Este material orgánico, segundo os científicos, podería estar asociado a plantas ou bacterias moi primitivas.
Tendo en conta o citado, a vida no noso planeta debeu aparecer hai uns 4.250 millóns de anos, só 400.000 anos despois da formación da propia Terra.
Nun principio a Terra non sería máis que un conglomerado de rochas, cun interior que se quentou e fundíu o planeta. Co tempo, a codia arrefriouse. Finalmente apareceu a vida nun proceso no que os científicos teñen diferencias: uns defenden que evolucionou dende a materia inerte, cando o vapor de auga comenzou a condensarse, e outros sosteñen que ten unha orixe extraterrestre, coa chegada dun meteorito que traía materia orgánica, como o que se atopou no lago Tagish de Canadá.
Sen embargo son moitas as dúbidas que rodean estas conclusións, que esperemos que co tempo queden resoltas.
0 comentarios