Blogia
vgomez

ATOPAN OS RESTOS MÁIS PUROS DO ASTEROIDE QUE PROVOCOA A EXTINCIÓN DOS DINOSAUROS

Un asteroide provocó la extinción de los dinosaurios hace unos 66 millones de años

Un asteroide provoccou a extinción dos dinosauros hai uns 66 millóns de anos /Fotolia/abc.es

Un equipo internacional de científicos, con participación da Universidade de Zaragoza, descubriu os restos máis puros do mundo das rochas fundidas que se produciron polo impacto do asteroide de  Chicxulub na península de Iucatán, México, hai 66 millóns de anos. A rocha foi a mesma que, segundo a maior parte da comunidade científica, provocou a extinción masiva do 70% das especies do planeta, entre elas os dinosauros. As minúsculas "perlas de vidro" atopadas son  esférulas de rocha que viaxaron 2.000 km a causa do impacto ata depositarse na deshabitada Illa de  Gorgonilla en Colombia.

Situación da Illa Gorgona e na parte suroeste desta atópase a Gorgonilla / Imaxe: lilijohannaaza.wordpress.com

A Illa de  Gorgonilla, situada a 35 km da costa pacífica do norte do país, é un illote deshabitado duns 2 kmcuberto por un bosque húmido tropical e rodeado de arrecifes  coralinos. Nunha das súas praias aflora unha delgada capa xeolóxica de 2 cm formada por pequenas  esférulas de rocha, chamadas  tectitas, que teñen o aspecto de minúsculas perlas de vidro natural.

Segundo un estudo publicado na revista "Geology", estas formacións son en realidade  salpicaduras de rocha fundida que foron expulsadas desde o cráter de  Chicxulub mentres se formaba,  solidificadas logo no espazo exterior e esparexidas por todo o planeta a modo de choiva. O excepcional da capa de  Gorgonilla é que moitas  tectitas permaneceron  vítreas, a pesar de tratarse dun material que se transforma rapidamente a minerais máis estables.

O director do Centro de  Geocronología de  Berkeley, realizou datacións  radiométricas aplicando o método 40 Ar/39 Ar sobre 25  tectitas puras e obtivo unha antigüidade media de 66,05 millóns de anos. Esta idade é  indistinguible da idade do límite  Cretácico/Terciario (tamén chamado  K/T) de 66,04 millóns de anos.

O depósito de  Gorgonilla é especial en moitos outros aspectos. As  esférulas de impacto viaxaron 2.000 km para depositarse no fondo dun océano a máis de 2 km de profundidade, moi lonxe de calquera continente. Estas grandes profundidades sitúanse por baixo do chamado nivel de compensación da  calcita, unha barreira  xeoquímica baixo a cal a auga é suficientemente aceda como para disolver as pequenas cunchas  carbonatadas dos  foraminíferos  planctónicos.

Por iso, estes  microfósiles están ausentes na maior parte dos 40 metros de rochas estudados, excepto, sorprendentemente, no primeiro metro de rochas situado sobre a capa de  tectitas. É neste primeiro metro onde o equipo da Universidade de Zaragoza identificou as especies de  foraminíferos  planctónicos que evolucionaron xusto despois da extinción do límite  K/T, avalando cun método independente a idade obtida coas datacións  radiométricas.

Ademais, a  palinóloga  do Museo de Historia Natural de Suecia, demostrou por vez primeira que a vexetación sufriu unha mortaldade masiva no límite  K/T mesmo nos  trópicos. Despois xurdiron comunidades pioneiras de  fentos que deberon de colonizar as illas xurdidas ao redor de  Gorgonilla de forma case instantánea debido aos xigantescos terremotos e os grandes desprazamentos de terras desencadeados polo impacto de  Chicxulub. Os  sismos arrasaron a zona ata semanas despois do impacto, segundo indica a análise  sedimentológico reseñado no estudo.

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios