Facebook Twitter Google +1     Admin

A CARA OCULTA DA LÚA

Publicado: 07/02/2012 08:16 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20120205183740-cara-oculta-da-lua.jpg

Imaxe da cara oculta da Lúa tomada pola misión GRAIL / Imaxe:movik.tv

Unha cámara a bordo dunha das sondas xemelgas da misión GRAIL da NASA captou imaxes insólitas da cara oculta da Lúa que nunca se ve dende a Terra. O vídeo foi filmado cunha cámara MoonKAM. As dúas sondas estiveron dando voltas arrededor do  noso satélite natural dende que entraron na órbita lunar o pasado 31 de decembro. 

A cara oculta a Lúa é o hemisferio do noso satélite non observable dende a Terra. Só os astronautas do programa Apolo que orbitaron á Lúa nas décadas dos 60 e 70 puideron observar directamente esta rexión lunar.

Anteriormente, o 7 de outubro de 1959, o Lunik III, foguete espacial soviético, fotgrafou a cara oculta da Lúa dende unha distancia de 62.000 quilómetros da súa superficie. Daquela empregaron un sistema chamado MAS (Mirovaya Automaticheskcaya Stantsia)

En todos os casos demostrouse que esa cara oculta ten o mesmo aspecto que a visible, toda chea de cráteres, se ben algo menos accidentada.

Comentarios  Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.