Blogia
vgomez

OSTROCOD

OSTROCOD

LiveScience.com acaba de publicar que o estudiante Richard Thommasson, da Universidade de Dakota do Norte acaba de atopar na rexión de Valles Secos da Antártida uns fósiles que datan de hai uns 14 millóns de anos.

A investigación, financiada pola Fundación Nacional das Ciencias, estableceu que os fósiles corresponden ao "ostracod", que son unha clase de crustáceos de moi reducido tamaño, moitas veces microscópicos (normalmente entre 0,1 e 2 mm). Coñécense unhas 13.000 especies actuais e estímase que se describiron 65.000 especies fósiles.

O achádego suxire a posibilidade de que o continente xelado fose un lugar cálido nun pasado remoto. Nesa rexión a temperatura media é de -25ºC e nesas condicións é imposible que se manteñan vivas faunas como o ostracod. Para que puidesen sobrevivir esos crustáceos, as temperaturas reinantes terían que ser uns 17 graos centígrados máis altas do que son agora.

Segundo os científicos, os "ostracod" son vestixios dun ecosistema de tundras similar ao da Patagonia e é  posible que o sector onde foron atopados os fósiles estivese moito máis preto do ecuador hai millóns de anos.

 

0 comentarios