CLONACIÓN DE CÉLULAS NAI HUMANAS
Extracción do núcleo dun óvulo / OHSU (CELL)
Científicos da Oregon Health & Science University e do Centro de Investigación Nacional de Primates de Oregon (ONPRC) lograron por vez primeira reprogramar con éxito células de pel humana para convertelas en células nai embrionarias capaces de transformarse en calquera outro tipo de célula no organismo (Clonación de células humanas). As células nai embrionarias obtidas poderían ser capaces de restaurar o dano causado por un lesión ou unha enfermidade e, dende hai tempo, considérase a terapia celular como un dos avances máis prometedores para o tratamento de enfermidades como a enfermidade de Párkinson, a esclerose múltiple, a enfermidade cardíaca e as lesións da medula espiñal.
Os resultados, publicados na revista Cell, abren novas vías para o uso das células nai, para coñecer con máis detalle as causas específicas da enfermidade e para o desenvolvemento de terapias personalizadas. É a primeira vez que se obteñen células nai embrionarias humanas a partir de células de pel humanas, algo que no seu momento anunciou ter logrado o científico coreano Hwang, que resultou ser un gran fracaso científico, ou que asegura ter conseguido tamén o controvertido Robert Lanza, do Instituto Advanced Cell Technology.
FONTE:Xornal El País/ABC
0 comentarios