Blogia
vgomez

AS DÚAS NOVAS LÚAS DE XÚPITER: S/2011 J1 e S/2011 J2

AS DÚAS NOVAS LÚAS DE XÚPITER: S/2011 J1 e S/2011 J2

Xúpiter, o planeta máis grande do Sistema Solar / Imaxe:escuelapedia.com

Xúpiter  ten dúas novas compañeiras. Trátase de dúas pequenas lúas, recentemente dadas a coñecer polos astrónomos. Deste xeito, o quinto planeta do Sistema Solar suma 67 satélites naturais que xiran ao seu redor.

As novas lúas, denominadas S/2011 J1 e S/2011 J2, foron identificadas por primeira vez en setembro de 2011 (razón do seu nome) polo telescopio Magellan-Baade do Observatorio As Campanas de Chile. Moi diminutas, só miden un quilómetro de diámetro cada unha, atópandose entre as lúas máis pequeñas atopadas ata agora no Sistema Solar. A diferencia dos catro grandes satélites de Xúpiter (os chamados galileanos: Io, Europa, Ganímedes e Calisto), que orbitan moi preto do planeta, os dous últimos son moi débiles e atópanse moi lonxe. J1 xira a uns 20 millóns de quilómetros de Xúpiter, e J2 a uns 23 millóns. O primeiro tarda 580 días en completar a súa órbita; o outro, 726 días.

Segundo publica National Geographic é posible que existan moitas máis lúas deste tamaño arredor de Xúpiter.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios